Novembro leva un dos días grandes para a cidade de Ourense polo que cada ano nós non podemos deixar pasar a oportunidade de celebrar o noso Magosto, o cal acostuma ser un dos que dá o pistoletazo de saída na contorna.
Tras duns días de intensos preparativos, a tarde deste pasado xoves encheuse de lume, chourios e castañas.
Acompañounos moito o clima, asique a participación foi masiva e moita xente se animou incluso a botarlle unhas pezas.
Coma sempre que hai algunha paparota as opinións de todo tipo apareceron, mais neste caso semella que houbo certa unanimidade en considerar que os chourizos e o chocolate quentiño da sobremesa estaban boísimos.
Quedamos con moitas ganas de máis e escoitouse varias veces que había que "facer unha merendola polo menos unha vez ao mes".
Pois haberá que repetir!
ResponderEliminarUmmm, que buena pinta todo!!!
ResponderEliminar