Bos días a todxs!
Hoxe, traémosvos por aquí os nosos primeiros avances na elaboración da decoración de Nadal.
Pensaredes que aínda falta, pero a verdade é que unha vez que comezas...todo parece pouco! E, a verdade é que o noso hospital non é nada pequeno...
A nosa intención é comezar a colocar decoración a vindeira semana é, unha vez esteamos coas mans na masa.... xa vamos vendo como continúa a produción navideña.
A verdade é que cando comezamos tiñamos poucas mans voluntarias dispostas a colaborar coa decoración pero pouco a pouco, a xente vaise animando e, dado que os estilos son tan distintos... queda unha decoración do máis bonita e colorida.
Aquí vos deixamos unhas fotos do que temos entre mans, pero... para ver toda a decoración aínda hai que esperar unhas semaniñas!
A ver con qué nos sorprende o "espíritu navideño" deste ano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario