"Unha rosa ao vento" Fascículo dous
CAPÍTULO
II
Dentro
do portal dirixiuse directamente cara aos buzóns para depositar a
carteira. Non tiña intención de coñecer ao dono, non quería máis
miradas de desprezo e desconfianza; sen embrago, algo a impulsou a
subir os tres pisos para entregar a carteira en man. Recordou que
agora quería ser unha persoa valente e forte, era o que necesitaba
para manexar e curar a súa dor.
Timbrou
e oíu ao lonxe unha voz maior que se lle acercaba con pasos lentos e
torpes. Abriulle un señor maior de idade indeterminada, ela fixouse
no seu cabelo e barba brancos, fermosos e moi coidados. Pero o que
máis lle impresionou foi a mirada daquel home, era unha mirada limpa
que reflexaba respeto, bondade e sinceridade.
Antes
de que lle dera tempo de explicarlle o motivo da súa visita, o
ancián pediulle, por favor, que pasara a súa humilde morada. Ela
non dubidou nin un instante en aceptar a invitación daquel home. O
señor, coa mesa xa lista, dispúñase a cear. Marchou un momento e
volveu con outro prato para a súa convidada. Durante a cea, a penas
cruzaron unhas breves palabras. Decatouse do interese que despertou
nela os numerosos deconchados que tiñan as paredes. El, explicoulle
que eran espazos para plasmar os seus recordos máis importantes. Era
moi maior e non lle tiña medo á morte, pero por nada quería
renunciar aos recordos de toda unha vida, de profundo amor pola súa
compañeira, amiga e confidente.
Logo
de cear, el invitouna a pasar á salita para tomar un café e charlar
tranquilamente. O home decatouse e pediulle desculpas por non terse
presentado: “ Chámome Valentín” . Ela dubidou : “Eu...,eu non
teño nome, , queimei o meu pasado e agora mesmo o máis importante
para min é recuperar a miña forza e valencia". Esa valentía da
que todos dubidaban ,vendo nela só dor e medo.
El
seguiu contandolle que non tiña problemas economicos e que os seus
fillos non deisaban de insistirlle en que cambiara todos eses mobles
bellos e raidos, incluso mudar o seu lugubre piso por outro luminoso
e alegre. Non entendian que el queria acabar a sua vida na casa de
sempre, cos mobles de sempre. Esa era su maior riqueza, toda unha
vida de fermosos recordos e dun amor incondicional pola sua difunta
muller.
De
repente, apareceu un gatiño, tamen de idade indeterminada pero moi
fermoso. Era un máis da familia, contoulle Valentín, era bastante
arisco coas persoas descoñecidas, pero sempre buscaba o cariño del.
El sorriu e alegrouse cando viu que o gatiño acercouse
directamente á muller sen nome, subiulle ao colo, só quería
regalarlle o seu cariño a cambio dunhas simples caricias.
O
seu encontro co señor Valentín foi tan especial que non volvera a
pensar no obxecto da súa visita. Meteu a mau no bolsillo e extendeu o
brazo devolvéndolle a súa carteira. El quedou abraiado e, cunha
mirada de respeto e agradecemento colleu a carteira. Sen mediar
palabra, saiu da salita, ía pensando con gran respeto que esa muller
sen nome, aínda estando necesitada, non dubidara en facer o correcto.
Tiña que ser unha gran persona, sen lugar a dúbida.
Ao
pouco tempo apareceu de novo na salita; nunha man a carteira e na
outra un sobre. Entregoulle os dous, decíndolle que a auténtica
dona era ela. Abriu o sobre con curiosidade e atopouse cun feixe de
billetes, demasiados para contalos nese momento sen parecerlle una
falta de respeto.
Ambos
se despediron, de novo con poucas palabras, non era necesarias, as
súas miradas decíano todo.
Ela
marchou encantada e moi agradecida polo seu encontro con aquel home:
xa non formaba parte “dos nadies”. No seu interior levaba un
destino aberto, pode cheo de posibilidades, quen sabe?
No hay comentarios:
Publicar un comentario