DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017
Para celebrar o día das Letras Galegas preparamos nos talleres un mural coa biografía de Carlos Casares e unhas portadas dos títulos de algúns dos seus libros.
A semana previa ao 17 de maio selecionamos momentos importantes da vida de Carlos Casares, fomos colocando cada un nunha cartulina e despois entrelazámolos con lanas montando un mural con forma de móbil que colgamos na parede á vista de todo o mundo.
Logo, recortamos os debuxos das portadas, pegámolos nunhas cartulinas e escribimos o titulo, o nome do autor e a editorial. Despois colocámolas nas paredes do hospital para que a xente as puidedera ver e dar a coñecer parte da obra do homenaxeado.
Esperamos que vos guste o resultado e vos animedes a contarnos algo do que pensades.
Fernando, Anabela, Elena e Martín.
Bonita forma de celebrar el día de las letras gallegas!
ResponderEliminar