Día
do libro 2017
“Unha
rosa ao vento” Fascículo uno
PRÓLOGO
Todo
ise tempo estivo na cabana xunto ao bosque. Fixo as chamadas
imprescindibles e as saídas imprescindibles .
O
pensamento e o recordo ocupárono todo.
Cando
marchou dalí era ela. Quería pensar que unha parte de si
mesma se fixera máis forte, máis valente, pero o certo é que unha
parte dela quedara rota para sempre, e isto podíase ver na súa
ollada; incluso quen non a conocera de antes, podía velo. Ela
vía forza, os demais vían dor.
Con
esa forza – dor prendeulle lume á cabana; e sen nome, sen
diñeiro e sen pasado, emprendeu o seu camiño cara o seu destino.
CAPÍTULO
I
Chegou
á cidade de noite, cansa e con fame.
Un
gatiño ollouna desconfiado dende a beirarúa, ela devolveulle a
mirada.
Unha
muller apareceu á luz do farol uns metros máis adiante.
Deulle un
arrepío, mais se achegou para preguntarlle por algún lugar
onde pasar a noite. Sen dicirlle nada, a muller deulle unha carteira
de coiro volto chea de documentación e diñeiro. Logo volveu
desaparecer. Os ollos da muller semellábanse aos ollos do gato.
Sería
unha carteira roubada? Uns poucos cartos viríanlle ben, pero quería
devolver a carteira. A direción do dono estada no DNI.
Colleu
un taxi e deulle ó condutor aquela direción. Chegaron a un edificio
lúgubre e antigo que antes vira. Pagou mentres baixaba do coche; un
billete de 5 euros con manchas escuras.
Mentres
se achegaba ao portal do edificio, do que saía unha luz alaranxada,
decatouse de que tamén a carteira estaba suxa, cunhas
manchas avermelladas húmidas.
O
portal estaba aberto.
Entrou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario