jueves, 20 de septiembre de 2018

Conserva de Tomates



   Aínda que este non foi un ano de gran colleia no invernadoiro, non hai como ter amigos que che regalen productos da horta para encher a despensa con cousas da casa. Sole tróuxonos tomates e pementos a esgalla polo que nos puxemos a preparar algo de conserva de salsa de tomate. 



   Fixemos a salsa cocendo a lume lento cebola, pemento verde e vermello, unhas cenorias peladas e uns cantos tomates ata que se integrearon nunha pasta homoxénea que logo batemos para que quedase sen cadullos.



   cocemos por unha hora e pico os tarros e as tapadeiras para limpalos e desinfectalos. 



   Enchemos os tarros coa salsa, cerramos ben e volvémolos cocer uns 15-20 minutos de boca para abaixo para facérllelo baleiro e que as conservas se manteñan durante máis tempo.







   Gracias a Sole e a tódolos cociñeiros e pinches temos ampliada un pouco máis a lacena.






   

1 comentario: