viernes, 2 de agosto de 2024

INVERNADERO

 

 Ola!

Como sabedes, o noso invernadoiro segue "vento en popa" como tódolos anos e, por iso, nesta nova entrada queremos amosarvos o orgullosos que estamos da nosa colleita este ano no invernadoiro. 



Polo momento, semella que as maduracións van un chisco máis lentas que noutras ocasións... 

Ata o momento, os pementos foron os máis madrugadores de toda a colleita mais, pouco a pouco, os tomates e as cabazas tamén van avanzando. 



A continuación, deixámosvos unhas imaxes para que vaiades vendo.... pintan ben, a que sí? 






Xa vos contaremos como acaba isto e se, finalmente, obtemos moita colleita ou se, quen sabe, facemos algún plan máis con ela....





1 comentario: