viernes, 7 de junio de 2024

Coidado da pel e maquillaxe

 


 Tarde xenial a de onte cando viñeron Isabel e Mary a compartirnos os seus coñecementos sobre coidados da pel e maquillaxe.


 Aprendemos un montón con elas as dúas, practicamos unha chea de métodos para ter un cutis moito máis coidado e practicamos formas sinxelas e efectivas para maquillarnos dun xeito case profesional.



 Temos que agradecer ao Servizo de Humanización e por suposto ás voluntarias que nos transmitiron os seus coñecementos de xeito sinxelo e moi entretido.



 Foi tal o éxito da convocatoria que xa temos unha boa cantidade de xente esperando por unha nova edición.



viernes, 31 de mayo de 2024

OS MANDALAS

 

 

En sáncrito, a antigua lingua do budismo e o hiduismo, a palabra mandala significa "círculo". Os mandalas forman parte da antigua tradición oriental e consideránse unha arte milenaria. 
 Un mandala é un deseño xeométrico ou un patrón de debuxo, a miúdo representado dentro dunha circunferencia, que pode representar o cosmos, as diferentes deidades ou a esencia da vida. 

 “Consiste en atopar a paz na simetría do seu deseño e a do universo.”
 Os mandalas convertéronse nun símbolo para a meditación e a relaxación en diferentes culturas. O seu uso para aliviar o estrés e acougar as tensións da vida cotiá está cada vez máis estendido.

 Este exercicio de introspección e meditación pode levar a espertar tamén a creatividade, a sensibilidade musical e a disciplina.

 A moitos de nós gústanos usar a técnica de colorear e a realizamos casi a diario.

Aquí algunhas imaxes do taller de artes plásticas da unidade de coidados especiais.















viernes, 24 de mayo de 2024

Cociñando con robot

 

Xa é moi frecuente atopar nos fogares de todo o mundo robots de cociña que nos facilitan esta actividade e nos permiten unha cociña sinxela para todos os días ou receitas máis sofisticadas para acontecementos especiais.  



O uso deste pequeno electrodoméstico é moi sinxelo.
Todo son vantaxes!




Estes días estamos a cociñar algunhas receitas para familiarizarnos cun dos robots de cociña máis coñecidos.
Algúns pratos cos que empezar a descubrir as súas múltiples funcionlidades e afacerse ao seu uso. Só precisamos seguir paso a paso as instruccións de cada receita para logo poder desfrutar dos riquísmos resultados.





viernes, 17 de mayo de 2024

Luisa Villalta, Letras Galegas 2024.

 

 O Día das Letras Galegas, unha celebración que se leva a cabo o 17 de maio de cada ano, é un tributo ao papel vital que desempeña a literatura galega na nosa cultura. Este día especial non só recoñece a da escrita en galego, senón que promove o seu valor e a preservación cultural para futuras xeracións.

 


 Este ano 2024 a Real Academis Galega honrará a Luisa Villalta, nada na Coruña (1957 - 2004) e dende Piñor tamén lle quixemos facer a nosa pequena homenaxe.



(Música: E o mar, A banda da loba - 2024)

 Luisa constitúe unha destacada representante da cultura galega contemporánea, tanto no ámbito musical como no literario. A súa obra abarca todos os xéneros (poesía, teatro, novela e ensaio literario) sempre dende unha perspectiva renovadora e orixinal. 

 


 Por outra banda, foi coñecida polo seu grande activismo cultural, que de xeito constante e desinteresado levou a cabo en colaboración con diversas asociacións culturais, colectivos sociais e proxectos de diversa índole.


Por último, compartimos un pequeno vídeo onde lle marcamos o ritmo a canción Cruel Filosofía; unha das canciós que lle dedica o grupo de música Abanda da Loba con letra súa.  




Feliz Día das Letras Galegas!


 

viernes, 10 de mayo de 2024

Votación para nueva serie



 ¡Nuestro ciclo de series sigue avanzando con elección de nuevo material para disfrutar en pantalla grande!

 Como viene siendo habitual, preparamos una jornada de elección con diferentes candidatas en liza, con estilos y tipologías bastante dispares. 

 Había alguna "repetidora", otras que nos llegaron como recomendación e incluso una obra de reciente estreno.


* La ciudad es nuestra


* Los amos del aire


* Samurai de ojos azules


* Sólo asesinatos en el edificio


* Todos quieren a Daisy Jones


 Después de ver trailers y leer argumentos y fichas técnicas, llegó el momento de votar. 

 En esta ocasión consiguió el triunfo de manera casi unánime Los amos del aire por lo que será nuestra acompañante durante las sobremesas de los próximos miércoles.

 

viernes, 3 de mayo de 2024

Xa están aquí os Maios



Chega o mes de maio e hai que cumplir coas tradicións!


A desfrutar da natureza e da proximidade da primavera!

 

 

martes, 23 de abril de 2024

Día del Libro 2024

 


 Un año más hemos preparado una pequeña actividad para celebrar el día del libro.



 

 En esta ocasión hemos creado unos móviles insirados en marcapáginas con frases de obras ilustres de la literatura universal.



 

 Una pequeña presentación que dejaremos unos días al acceso de toda la gente que quiere animarse a conocer o recordar fragmentos literarios míticos.