Cos repolos do invernadero e demais ingredientes, fixemos e disfrutamos dun riquísimo cocido este xoves pasado.
O acompañamento do repolo era: costela, carniña, uns ovos con pimentón, chourizos de carne (botáronse de menos os de cabazo, alomenos para min e algún compañeiro/a mais) e algún secreto máis.
Todos e todas demos boa conta do manxar que tiñamos diante dos ollos, que facían chirivitas ao ver as cousas ricas que había.
A próxima repetición dunha comida coma esta, independentemente do menú, que sexa prontro, xa que o pasamos moi ben, tanto polo menú como pola compañía.
É unha pena que non se poidan mandar o aroma polos ordenadores porque era impresionante.
Sonia e Martín.
Que ben coidados estan os repolos e sobretodo a auga non lle falta.
ResponderEliminarMenudo xantar,xa vexo que coidades moi ben a dieta.
Inda que non teñamos aroma do cocido, a min faise a boca auga.
QUE PINTAZA TEN TODO.